Que Facemos
Ofrecemos os seguintes servizos:
OBXECTIVOS 1. Achegar o programa EDUCANDO EN FAMILIA ó meirande número posible de familias, priorizando aquelas que estean nunha situación xeográfica ou social desfavorecida (mulleres desempregadas, familias monoparentais, aquelas formadas por mulleres afectadas pola violencia de xénero, mulleres inmigrantes, mulleres privadas de liberdade...). 2. Desenvolver o potencial educativo das familias,transmitíndolles sensacións de competencia e protagonismo na educación dos seus fillos. 3 Potenciación da igualdade entre mulleres como valor transversal en todas as actividades dentro do traballo directo cos seus fillos e fillas. 4. Asesorar ás familias desde o primeiro momento para que podan dar resposta ás necesidades dos seus fillos. 5. Comprender e sentir que o rol da familia necesita unha formación permanente. 6. Favorecer que as familias poidan estar atentos as etapas evolutivas polas que vai pasando os seus fillos e así poder abordalas con seguridade. 7. Facilitar que reflexionen sobre as propias actuacións educativas co fin de reforzalas e melloralas. 8. Proporcionar ferramentas que favorezan unha boa comunicación dende a escoita, comprensión, respecto e amor polos fillos,mediante a posibilidade de asesoramento e formación. 9. Compartir experiencias educativas diversificadas. 10. Compartir con outras familias os propios coñecementos adquiridos coa experiencia e a reflexión. 11. Aprender das experiencias e reflexións educativas doutras familias. 12. Dar resposta as necesidades tanto dos nenos como das nais,xa que estes beneficiaríanse ao compartir actividades cos seus fillos aportándolles seguridade nas súas accións, favorecendo o establecemento dun importante vínculo de apego. 13. Coordinación e colaboración coas distintas institucións e profesionais da comunidade onde imos incidir: Educadora familiar, traballadora social, Atención Temperá, Escolas Infantís. 14. Autoformación dos profesionais implicados no proxecto. 15. Coordinación e planificación das distintas actividades, con reunións semanais do equipo educativo. SISTEMA DE AVALIACIÓN |