|
Para o desenvolvemento do noso traballo, contamos cun grande volume de materiais didácticas: contos, libros de lectura para adultos, artigos, vídeos, DVDs, etc. Todo isto está ó dispor de todos os usuarios da nosa Biblioteca para nenos e adultos.
Ademáis, contamos con xogos educativos, como puzzles, aros, túnel, rolos, pelotas, encaixables, ensartables, xogos de construción, etc.
Os nenos poden ademáis divertirse e aprender con multitude de actividades con cartolinas, gomets, ceras, rotuladores, pintura de dedos, plastilina, etc.
EQUIPO EDUCATIVO
O equipo educativo está composto por docentes que traballan nunha área xeográfica próxima o seu domicilio. As funcións deste equipo son:
- Estruturar a área de traballo: Distribución da área xeográfica que se atende entre os docentes.
- Coñecer e priorizar nas necesidades da zona.
- Elaborar o Plan Anual do proxecto educativo.
- Elaborar as programacións quincenais.
- Intercambiar experiencias.
- Apoiar a planificación de outras actividades.
- Levantar actas das reunións do equipo docente.
- Avaliar a acción desenvolvida.
- Desenvolver a formación continua.
- Elaborar a memoria fin de curso.
Ademáis, contan coa colaboración dun equipo administrativo formado por asesores especializados.
|